voan a martes

Os paxaros voan a martes.

Pois son paxaros e saben voar. Marcelino sabe berrar. Berra os mércores. Porque sí. Sae da casa e camiña quince pasos contados cara a casa da Pepa. colle o seu paraugas e dille; Chove! Chover non chove pero Marcelino sabe berrar moi alto.
A Pepa fai que non oe pero está namorada del, de Marcelino. Namorou un mércores de Maio que escoitou chover, ainda que fai que non oe. Marcelino berra porque a Pepa, seu amor, non oe. Berra os mércores, os martes non. Os paxaros voan a martes.

 

Gouache