paisaxes corpóreas

a pel a nacer no tacto das plumas
e acender a luz por non tocar o ceo
ás escuras
amabámonos
como paxaros
coas as de barrer a auga dos charcos.

un carreiro de promesas para desandar as dúbidas.
cos pés na herba agardase mellor pola hora de xantar.
despois os ouvidos a seguir o latexar dun reloxio de parede por non dormir a sesta.
Xa case non lembras aquelas ras que berraban tan alto o seu nome.
e o can a estragalo todo cas catro patas alí a romper en mil anacos aquel espello de auga onde miralo a el.
mañá dixechesche ás rás. mañá virá pola promesa dun beixo.