onde choran as ras

nunca esqueciches aquelas ras
que berraban tan alto o seu nome.

e o can que nunca se separaba del
e que xogaba a estragalo todo porque era un can
e rompía en mil anacos aquel espello de auga
onde o mirabas a el.

e naquel estrondo el fuxía
coa vergoña de quen collía algo para sí
sen permiso.

e ti ficaches soa
desexando que fose mañá
mentras unha bágoa caía
na poza onde choraban as ras.

 

 

Carboncillo. Charcoal.