dermis-corteza-manto
xogar a sermos piratas dunha pel a navegar
despois os arroaces
e as mans
bailar
camiñar
despois en ti
ficar
un gato que xa se foi
mancar a pel por sentila
coma quen viste tirantes
para non arrastra-los pes
aparellar anacos de pel mudada.
ou andar polas gabias de recordos a procura dun espello no baño.
e trazar un beixo a piques de desaparecer. co bao. dunha ducha quente.
pra sermos. despois. pero mudados de nós.