cestas

‘A nena da cesta’
(carapuchiña bermella)

escoitar as voces de quen canta, e saberse unha no silencio dos outros a voar. e deixas pasar o tempo e mesturas os camiños ata perderes de vista horizonte algún. e camiñas coa tranquilidade dun pianista. a recoller melodías mentras mides cunha man silencios entre corcheas. despois paras. e levantas os ollos porque chegaches.