Marcos Viso | Bio
305
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-305,ajax_fade,page_not_loaded,,paspartu_enabled,paspartu_on_bottom_fixed,qode_grid_1300,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive
 

Bio

Bio

Marcos Viso. Ourense, 1973. Arquitecto Técnico pola Universidade da Coruña, exerce a profesión como liberal ata o ano 2013, cando decide dedicarse de cheo naquilo que máis lle apaixona; a ilustración. Termina o Ciclo superior de Ilustración na Escola de Arte e Deseño Antón Failde de Ourense e realiza no verán do 2013 o curso “Taller de la Á a la Z, realización dun álbum ilustrado” impartido por Jorge Zentner, Mariona Cabassa e Rebeca Luciani en Barcelona.

Na actualidade reside en Ourense onde traballa en varios proxectos persoais de álbum ilustrado, onde tamén imparte clases de debuxo e ilustración.

Publicacións

  • Todos os Soños. Xavier Estévez. Tambre. 2015
  • Unha Casiña Branca. Marcos Calveiro. Xerais. 2015
  • Parar o Mundo. María Canosa. Ed.Trifolium. 2015
  • Vaite Xa! Marcos Viso. Xerais. 2016
  • Todo o tempo do Mundo. David Pérez. Xerais. 2016
  • Avións de Papel. Xavier Estévez. Xerais. 2017
  • Os días Lebre. Clara López. Kalandraka. 2017
  • Vidas Imaxinarias. Obra Colectiva. Aira Editorial. 2017